Escola de pais

 Tal vez poida interesar ás familias dos pequerrechos unha serie de artigos que teñen que ver con determinadas situacións as que se enfrontan os nosos fillos e fillas e as que ás veces non sabemos ben como abordar.
Baixo o título de ESCOLA DE PAIS presentarémosvos unhas cantas orientacións xerais e consellos prácticos para axudarvos nuns temas concretos. Hoxe comezaremos pola atención e protección excesiva.

Hoxe en día estamos nun momento en que pasamos de que a infancia apenas tiña un espazo no mundo a converterse ésta no "centro do mundo". Antes non se escoitaba aos nenos e mandábaselles calar, agora nalgúns casos é o neno o que manda calar a todos e se converte no amo da familia. Ningún dos extremos é bo, pero por que se deron estos cambios?
Actualmente as familias cambiaron, en moitos casos é monoparental e poucas veces con máis de dous fillos. De familias nas que polo menos un dos seus membros sempre estaba na casa pasamos a casas baleiras ata a tarde-noite. Estes cambios fan que os pais non queiran que os fillos sufran, se frustren, se aburran... o que é normal pero temos que pensar que non pasa nada porque os nenos se frustren xa que é un sentimento necesario para vivir e medrar, isto non os vai traumatizar senon que lles axudará a madurar.
Outra cousa da que pecamos os pais e a de darlle todo feito aos fillos, eles deben facer por si mesmos todo aquilo que estea nas súas mans alí onde non poidan chegar estar nós para axudalos, pero non antes. Debemos crer nas súas capacidades e pedirlles esforzos porque do contrario, se sempre respondemos as súas demandas- antes incluso de que as formulen- estaremos matando as ganas de progresar e creando persoas que non se esforzaran no futuro.
Non debemos de ser rácanos no afecto, na atención e na dedicación pero sempre transmitíndolles o desexo de loitar polo que queren e de gozar diso.


Esperamos que vos gustase e que vos axudase este tema, que pensades o respecto? credes que os novos pais son moi permisivos ou pola contra que non se lles debe esixir tanto aos nenos? O próximo día trataremos sobre que facer se os nosos nenos pasan demasiado tempo sós.
Aburiño!

DEMASIADO TEMPO SÓS
     Anteriormente tratamos o tema da atención e a protección excesivas, que vós parece se continuamos a falar da educación dos nosos nenos?
En moitos fogares os pais teñen unhas xornadas laborais moi amplas e volven tarde á casa, isto non ten porque significar que os fillos estén mal atendidos. Non é tan importante o tempo que se pasa cos nenos como a calidade deses momentos, aínda que fai falta pasar tempo con eles porque senon a tarefa de educar é imposible.
  Os pais moitas veces chegamos tarde e cansos á casa e o que menos nos apetece e rifarlles aos fillos porque ese día se portaron mal na escola, non comeron a verdura ou non teñen bos modais.
  Pouco a pouco vámolo deixando pasar e moitas veces delegamos esa función, os pais chegan a pensar que é o colexio, a coidadora ou os avós os que teñen que educar e pídenlles contas dimitindo un pouco das súas responsabilidades como pais.
   É evidente que isto é un erro, os responsables da educación dos fillos son os pais, o resto é unha axuda, moi importante, pero só unha axuda.
  Nestas situacións de falta de tempo para os fillos polo ritmo tolo que levamos os pais suplimos a falta de actividades xuntos, de conversa, de escoita dándolles cousas  aos fillos. Pensamos que cantos máis xoguetes teñan máis felices serán, en ocasións escoitamos dicir " por que se porta mal se ten de todo?"
  Pero os nenos realmente non queren nin necesitan toda esa acumulación material senon a nosa proximidade e cariño.






OS LIMITES E AS NORMAS.



  O desexo da maioría dos que nos adicamos a educar, pais e mestres, sería que os nenos e nenas asumisen as normas sen dificultade e facilmente pero sen embargo a tarea consome moito tempo e enerxía.
  Pasa unha cousa parecida que coas dietas rápidas, as que se impoñen e teñen unha inmediata obediencia non perduran. É necesario ir cambiando pouco a pouco a conducta e ser un modelo para os nosos fillos para que interioricen e asuman as normas.
  Cando presentamos unha norma a un pequeno pretendemos mellorar a convivencia, establecer límites e que aprenda autocontrol. Isto levaraos a ser persoas útiles e adaptadas á sociedade, independientes e felices. Pero este proceso dura anos, non chega da noite a mañá. O autocontrol dos nosos fillos e fillas irá evolucionando  a medida que vaian medrando.
  Temos que diferenciar neste punto castigar de poñer normas, castigar é ensinar a non facer as cousas mal e poñer normas é ensinar a facer as cousas ben. Castigar ten que ser un método concreto e esporádico de educar, e sempre irá unido a poñer límites, darlles responsabilidades, estimulalos, ensinalos a afrontar os problemas e a solucionalos...
  Poñer normas é limites é unha tarea dura, evidentemente é moito máis fácil deixarlles facer todo o que queiran e non discutir. Para ela temos que ser firmes pero sen humillalos nin agredilos, pero se somos constantes nos primeiros anos logo é camiño gañado para o futuro.
  Se cando son nenos creamos os hábitos correctos cando chegue a adolescencia non será tan difícil poñerlles límites, terán interiorizado que as limitacións e as frustracións son cousas que acontecen na vida.
  As normas deben ser sensatas, racionais (debemos explicarlles aos nenos o porqué), concretas (teñen que ter claro como deben actuar), educativas e fixas ( non poden depender do noso estado de ánimo nin da présa ou cansanzo que teñamos).
 Para conseguir que as cumpran debemos poñer o menor número posible, se a lista é moi longa non poderán lembralas. Permitir que os nenos opinen sobre esas normas, se toman parte á hora de fixalas será máis fácil que as cumpran. Facerlles ver que as normas os protexen e axudan. Informalo de que as normas hai que cumplilas e de non ser así haberá unha consecuencia, teñen que saber exactamente que pasará se non a cumplen e como farán sentir aos demáis se iso ocorre.
   Por último é moi importante facer frente común familia e escola, se o neno descobre discrepancias saberá como sacarlle proveito. Tampouco debemos ceder ante perrenchas e berros dos nenos porque aínda que no momento se calme a situación, co tempo volveranse máis esixentes e caprichosos.

  Aínda que é unha tarefa longa e constante, merece a pena polo ben dos nosos nenos e nenas. Se queredes ler sobre o tema, dúas recomendacións: Poner límites a tu hijo. Cómo, cuándo y por qué decir "no" de Tania Zagury, Ed. RBA e Guía para educar con disciplina y cariño de Marilyn Gootman, Ed. Médici.

No hay comentarios:

Publicar un comentario