E. Secundaria



Concurso "O monte é a nosa vida".

Os rapaces e rapazas de 3º da ESO participan no concurso "O monte é a nosa vida", un concurso promovido pola industria de madeira de Galicia. A través del pretenden sensibilizar a xente do valor que ten o monte galego.
Teñen un grupo en facebook no que recollen tódalas fotografias que participan e hainas belísimas, se podedes botádelle unha ollada.
Moita sorte no concurso!

12 comentarios:

  1. Para comezar a utilizar este blog,e non ser os últimos en poñer algo,soamente un comentario para que recordedes que estamos a rematar os exames de avaliación e que haberá algunha sorpresiña nas vosas casas.Así que vou dar ideas para dicir : Os profes me teñen manía!. Non deixan preguntar nas explicacións! Se aprobo a terceira xa está! Tiña un 4,5 e me suspenderon!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario soamente quere facer referencia ao feito de que xa estamos empezando a traballar cara ao día do libro que celebraremos o luns 23 de Abril. Este ano ímolo adicar aos contos da Literatura Universal, e dende Infantil ata Secundaria exporemos os nosos traballos na biblioteca do centro para que tamén o poidan disfrutar as familias que queiran ver o feito polos seus fillos.
    Así que so desexarvos moito ánimo para facelo o mellor posible

    ResponderEliminar
  4. Lémbrovos que hoxe é o dia do libro, polo que sería unha maneira de celebralo cunha boa lectura e un bo libro na cabeceira da cama.Probade a vivir novas aventuras co maxín e a coñecer novos mundos e novas xentes que viven neses mundos descoñecidos para moitos de nos.Probade a abrir o mundo máxico das palabras!descubriredes cousas que nunca chegástedes pensar.
    Recordade tamén felicitar aos Jorges e Xurxos!
    Sede felices!

    ResponderEliminar
  5. Como sei que andades por aí vouvos escribir unha pequena historia para que a leades, a ver se vos gusta. Titúlase "Celebración de la risa" e pertence ao autor uruguaio Eduardo Galeano:

    José Luis Castro, el carpintero del barrio, tiene muy buena mano. La madera, que sabe que él la quiere, se deja hacer.
    El padre de José Luis había venido al río de la Plata desde una aldea de Pontevedra. Recuerda el hijo al padre, el rostro encendido bajo el sombrero de panamá, la corbata de seda en el cuello del pijama celeste, y siempre, siempre contando historias decopilantes. donde él estaba, recuerda el hijo, ocurría la risa. De todas partes acudían a reirse,cuando él contaba, y se agolpaba el gentío. En los velorios había que levantar el ataúd, para que cupieran todos -y así el muerto se ponía de pie para escuchar con el debido respeto aquellas cosas dichas con tanta gracia.
    Y de todo lo que José Luis aprendió de su padre, eso fue lo principal:
    -Lo importante es reír - le enseñó el viejo-. Y reír juntos.

    ResponderEliminar
  6. Imaxino que moitos de vos xa estades disfrutando dunhas moi merecidas vacacións, para isto houbo que traballar ao longo do curso e acadar uns bos resultados académicos;para os que non fixestedes todo o que podiades haberá que baixar os codos e nos veremos en setembro.
    Para uns e outros unhas moi felices vacacións de verán,non vos esquezades dos vosos profes que o tempo de lecer remata pronto!
    Ata a volta!Un saudiño agarimoso para todos.

    ResponderEliminar
  7. Lembrade que xa estaremos de volta no cole moi prontiño e que as datas de comezo son:- Educación Primaria o día 12 as 9 horas
    - Educación secundaria o día 17 as 8:45.
    Espero que regresedes con bos desexos de traballo e estudo para que sexa para todos un curso levadeiro, e aprendamos moitas cousas que nos sirvan tanto a nivel individual como para as persoas que viven ao noso arredor.
    ¡Tentaremos este ano mellorar na convivencia e no respecto aos nosos compañeiros!

    ResponderEliminar
  8. Soamente escribo para que os pais/nais/titores dos alumnos de secundaria se lembren que mañá luns e o mércores día 3 de outubro son as reunións de principio de curso cos titores dos cursos,como sabedes son a partires das catro e media.
    É importante para o bo funcionamento do centro unha relación fluída entre todos, e esperamos que deste xeito todos academos os obxectivos previstos para o curso que non é outro que os vosos fillos avancen en coñecementos e en formación para as súas vidas.

    ResponderEliminar
  9. Lembrade que todo o colexio está implicado na celebración da festa do magosto e samaín,para iso coma sempre é necesario a vosa colaboración e ideas se queremos unha celebración bonita e divertida para todos.Non esquezades que os alumnos maiores aproveitarán desta datas para compartir con todos as súas habilidades culinarias, que teremos a posibilidade de probar se damos un pequeno donativo para a excursión do remate do curso.
    ¡Espero a vosas ideas e apetito para unha boa celebración!

    ResponderEliminar
  10. Lembrar aos alumnos e aos pais/nais/titores que a para a vindeira semana comezarán os exames de avaliación, e xa é hora de ir poñendo as pilas para que os resultados sexan os mellores posibles e os Reis Magos e Papá Noel se lembren de pasar polas nosas casas.
    Só hai que por codos e tempo e os resultados chegan de seguro!

    ResponderEliminar
  11. Rematados os exames de avaliación só lembrarvos que o venres teremos o festival de nadal,e que os alumnos da ESO voltarán traer doces e que tamén haberá pequenas manualidades feitas por eles que tamén estarán a venda a pouco precio,así que non esquezades traer cartos para poder mercar cousas. Tamén aproveitar para desexarvos un moi Feliz Nadal! e que os reis sexan bos e xenerosos con todos e vos colmen de presentes.
    BO NADAL PARA TODOS!

    ResponderEliminar
  12. Recordade alumnos/as así como familias que a vindeira semana comezarán os exames da segunda avaliación,xa quedan moi poucos días para que cheguen as vacación de Semana santa, e se queredes disfrutalas será mellor irse preparando dende xa para acadar uns bos resultados.
    Aproveitade esta semana para ir adiantando traballo e non ter que darvos o atracón!.
    MOITA SORTE!e CODIÑOS...

    ResponderEliminar