jueves, 23 de enero de 2014

miércoles, 22 de enero de 2014

Museo do Humor de Fene

 No 1º trimestre o 2º ciclo de Educación Primaria visitamos o Parque de Educación Vial ( podedes ver fotos en http://educacionfisicajorgejuan.hol.es/) e o Museo do Humor de Fene. Foi unha excursión moi divertida, pasounos a mañá nun suspiro!
Se queredes ver máis fotos podede visitar o facebook do Museo do Humor: https://www.facebook.com/home.php?ref=home#!/museodohumorfene/photos_stream


martes, 21 de enero de 2014

O Picapedreiro

 Xa polo mes de novembro no cole recibimos a visita dun contacontos moi especial, contounos axudado de imaxes o conto do Picapedreiro coas súas mans.
 E é que este contacontos é xordo e para levarnos ao mundo da fantasía dos contos "falounos" con xestos, ía acompañado de dúas intérpretes que nos narraban ao mesmo tempo o conto. Aprendimos un conto fantástico e moitas palabras na linguaxe de signos.


Alumnos do 1º ciclo moi atentos ao conto.