miércoles, 13 de febrero de 2013

Vaia circo!!

 Este ano o entroido veu pasado por auga pero iso non nos quitou as ganas de poñelos disfraces e pasalo ben no cole.
 O xoves os que quixemos viñemos disfrazados da casa, así no patio da escola xuntámonos princesas, piratas, indios, monstruos, vacas... vaia lío montamos!
 O venres antes de facer as nosas actuacións no salón de actos collimos forzas nas aulas cunha merendola típica destas datas. Das casas chegaron freixós, orellas, rosquillas... que compartimos todos xuntos antes de poñelos disfraces feitos polas nosas mans coa axuda dos profes.
 O tema central do noso entroido foi o circo e así Educación Infantil foi de pallasos, o primeiro ciclo de primaria de leóns e domadores, o segundo ciclo de magos e chisteiras con coello incluído e o terceiro ciclo de banda de música.
 As actuacións remataron cun baile a cargo da ANPA tan divertido coma sempre.
Este ano non houbo desfile ata a praza do Concello porque o tempo non o permitiu pero aproveitamos  para bailar e pasalo moi ben.
Recordarvos que o venres 15 pola tarde a partir das 16:30 hai festa de disfraces no cole a cargo da ANPA, animádevos e non faltedes!!!











viernes, 1 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

 Como ben sabedes o 30 de xaneiro é o Día da Paz e da Non Violencia nos centros escolares. Para ese día tiñamos proxectado facer entre todos unha pomba no patio pero a chuvia estragounos os plans.
Ao día seguinte os nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria quixemos, a través dunha carreira no paseo marítimo, mostrar as nosas ganas por acadar unha meta común: convivir en armonía e entendimento.
 A chuvia parecía ameazar con botarnos ao traste a carreira pero nós que somos os máis valentes plantámonos na liña de saída e... preparados, listos, XA!
Gañamos unha medalla polo ben que o fixemos e rematamos máis contentos que cucos!