martes, 25 de junio de 2013

EXCURSION FIN DE CURSO: PRAIA DE CABANAS

O venres 14 de xunio os nenos  e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria fomos de excursión á praia de Cabanas.
Tivemos moita sorte porque tocounos un día precioso aínda que un pouco anubrado.
Á primeira hora da mañá dous autobuses saíron cargadiños de pícaros, mochilas con bocatas, palas e balóns cara Pontedeume.  Os pequerrechos de E. Infantil e 1º ciclo quedaron gozando da praia mentras 2º e 3º ciclo aproveitaron a mañá para facer un pouco de turismo pola vila mariñeira.
A media mañá tomámola parva no piñeiral que máis tarde nos vería dar boa conta no xantar de tortillas, bocadillos, croquetas,... Despois como sobremesa un xeado nun chiringuito!
Tomamos un baño nunha auga que estaba boísima, aínda que algunhas mestras non opinaban o mesmo, acompañados os pequenos das nosas titoras e os de Primaria da profe Eva que estivo a remollo con nós un bo anaco.
Pasámolo moi ben facendo castelos de area, fosos, xogando ao balón, ás palas e tomando o sol.
Xa nos tarda poder volver a pasar un día na praia. Vos que opinades, virá o bo tempo por fin?









miércoles, 19 de junio de 2013

OS MAIOS

O derradeiro día de maio levamos a cabo no cole unha tradición galega ancestral: celebrámos o Maio!
E como non podía ser doutra maneira celebrámolo con flores e troula.
Grazas a Anpa que nos trouxo 4 pirámide cubertas de follas, as que por grupos fomos decorando coas flores traídas da casa.
Así Educación Infantil fixo un maio, 1º, 2º e 3º outro; 4º, 5º e 6º outro e a ESO outro máis.
Mentres facíamos isto no patio soaban grazas ao profe Dani muiñeiras e xotas.
Despois os nenos e nenas de Baile fixeron unha actuación no patio dando por rematado o día.
Foi un día fantástico e ata saímos no Diario de Ferrol ao día seguinte!!!
Os maios espidos


Maio de 1º, 2º e 3º

Maio da ESO


Maio de 4º, 5º e 6º



Maio de Educación Infantil




Refencia á festa do cole no Diario de Ferrol

martes, 18 de junio de 2013

Axudas para libros

 

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. publicou a Orde pola que se convocan as axudas para a adquisión de libros e material didáctico para o curso 2013-2014 para o alumnado de Educación Primaria.

O prazo de presentación: do 3 de xuño a 3 de xullo (ambos inclusive).
A solicitude entregarase no centro debidamente cumprimentada xunto coa documentación requerida. O horario de secretaría tralo remate das clases seguirá sendo de 9:00 a 14:00 de luns a venres-



Sexta Marcha Ciclista Escolar

O pasado 15 de maio o 2º e 3º ciclo de Primaria participamos na 6ª Marcha ciclista escolar que organiza o concello de Narón.
Fomos dando pedal pola Estrada de Castela sempre acompañados polos profes, por algúns pais e nais e pola Policía Local e de Protección Civil de Narón, o Motoclub Fojeteiros e clubes ciclistas da comarca. Estábamos coordinados polo equipo de Educación Viaria do Concello, que fai esta marcha como unha festa para rematar as actividades de Educación Viaria.
Levamos con nós un cartel moi chulo que nos fixeron alumnos da ESO e que lucía impresionante o noso escudo.
Rematamos a marcha no Paseo Marítimo de Xuvia, ao ladiño do cole, é menos mal porque cando mellor o estabamos a pasar brincando e bailando tivemos que fuxir coas bicis porque empezou a chover!
Aínda con todo pasámolo moi ben!






 

lunes, 17 de junio de 2013

Somos

Fai uns días podíades ver por aquí unhas fotos dos nenos de Educación Infantil co seu cartel para darlle a volta ao mundo.
 Esta actividade xunto con outras que realizaron nenos e nenas de Primaria e a ESO encadrábase nunha campaña solidaria chamada Somos. O 24 de maio fumos ao cole cunha prenda de roupa dada a volta e puxemos os nosos desexos de cambio sobre o papel en frases, debuxos e chapas.

Somos é un grupo de ONG unidas para cambiar este mundo noso tan inxusto.
Se queredes saber máis deste movemento pinchade aquí:
http://www.somosasi.org/





 

lunes, 10 de junio de 2013

ANIMACIÓN A LECTURA

O venres viñeron ao cole uns monitores do Concello de Narón, os nenos de Infantil pasáronno moi bencon eles.

    Había un trasno que non paraba de facer tonterías!!

Contáronnos lendas despois de atopar e acertar unhas pistas . Encontramos : princesas, serpes, pozos e monstruos.




domingo, 9 de junio de 2013

miércoles, 5 de junio de 2013

Recordando: Exhibición da Garda Civil

Navegando por internet atopamos esta entrada do periódico El País:
Bob Esponja entre tricornios
A noticia é de fai 2 anos pero apetecíanos recordala con todos vos.
"Fue una exhibición multidisciplinar organizada por la Guardia Civil a petición del colegio Jorge Juan de Narón, a la que se sumaron otros cuatro centros públicos y concertados de la zona: los CEIP Ponte de Xuvia y Piñeiros, el Santiago Apóstol, en Narón, y el colegio Valle Inclán de Ferrol." di o citado xornal, e é que coma nós para montalas ben montadas non hai outros!
Pasámolo xenial e foi unha experiencia inesquecible.




martes, 4 de junio de 2013

Día das letras galegas na ESO

 Fai un par de semanas falábamos dende aquí do día das Letras Galegas e de Roberto Vidal Bolaño. No cole tamén recordamos este día dende as aulas con diferentes actividades, velaquí algunhas mostras do que fixeron os rapaces e rapazas da ESO.
Cun vermello nariz
Cun vermello nariz