miércoles, 24 de abril de 2013

XIV CONCURSO DE DEBUXO ECOLÓXICO

 Un ano máis o colexio participou activamente no concurso que organiza a cadea COPE e... VOLVEMOS GAÑAR!
 Lucía Fraguela de 1º de E. Primaria foi unha das gañadoras que subiu ao escenario do Auditorio de Narón recoller o seu premio da man do alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco. Felicidades, estamos moi orgullosos de ti!!
 Nada máis entrar no auditorio vimos os arredor de 4.000 debuxos que participaron no concurso.
 Así que estivemos todos acomodados puidemos gozar do espectáculo de maxia do mago Martín.
Logo houbo sorteos entre os asistentes e ninguén quedou sen agasallo.

Se queredes ver a noticia no Diario de Ferrol pinchade aquí :
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/entrega-de-los-premios-del-concurso-de-dibujo-ecologico/20130418233209042049.html
 o mago Martín

Lucía recibindo o premio


algúns debuxos

lunes, 22 de abril de 2013

QUEREDES COÑECER A PEPA?

  Pepa é unha nova amiga que temos na clase os nenos e nenas de 4 e 5 anos. Pepa é moi boiña e non molesta nada. Só toma auga para beber, pero iso si échevos moi presumida e temos que cortarlle o pelo moi a miúdo, porque lle crece unha barbaridade!!





 Se queredes ter na vosa casa unha Pepa necesitaredes:
unha media de muller
sementes de céspede ou similar
serrín
un cordel
 Primeiro bótanse as sementes no fondo da media, logo o serrín ben prensado e vaiselle dando forma de boneca co cordel. Cando a teñamos rematada debe pasar 4 horas totalmente sumerxida en auga.
Logo so temos que deixarlle uns 5 cm de auga e a esperar que lle creza o cabelo para poñer en práctica os nosos coñecementos de perruquería.

Intentádeo e contádenos como vos foi. Un saúdiño!

domingo, 21 de abril de 2013

XVI CERTAME DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO

 
Outro ano máis o grupo de teatro do cole disponse a participar no certame de teatro Candilejas Don Bosco.
Participamos na categoría Infantil coa obra "El chico guapo y su radiocassete", unha adaptación da famosa obra O Flautista de Hamelin.
Será o xoves 2 de maio no Centro Calvo Sotelo de A Coruña ás 17:30  sendo a entrada  libre.

Blog do Certamen de teatro

EASTER EGG

 Con motivo da Pascua os alumnos e alumnas de E. Infantil e de Primaria como tódolos anos decoraron os ovos nas clases de inglés. Pero este ano houbo unha novidade, o mesmísimo coelliño de pascua foi polas clases recollelos ovos!
 Despois, xunto cos seus axudantes, escondeunos polo patio do colexio e os nenos e nenas tiveron que ir na súa procura para poder levalos para a casa.
 Grazas a Bruno, que foi o noso coelliño, e aos seus compañeiros e compañeiras da ESO que fixeron o día máis especial para os pequenos!!

O coelliño visitando aos nenos de Infantil
Recollendo ovos nunha clase de Primaria


1º ciclo de EP
2º ciclo de EP








martes, 16 de abril de 2013

O principiño. Dinamización da biblioteca.

 Seguindo coa nosa idea de facer da biblioteca o mellor sitio do cole onde comezar a soñar e vivir mil aventuras grazas aos libros, os nenos e nenas de 2º de EP decidiron contarlle ao resto de alumnos e alumnas de Primaria un pouquiño do gran libro de Antoine de Saint-Exupéry O principiño.
 Recentemente fixo 70 anos da súa primeira edición pero segue a ser un imprescindible.
Os nenos e nenas adaptaron a novela cun pouqiño de teatro e caracterización, así o aviador foi contando como renunciou a súa carreira de debuxante porque os maiores carecían de imaxinación ata que conoceu ao principiño e este pediulle que lle debuxara un año.
Ata ahí nos contaron os nenos deixándonos o mel nos beizos e con moitas ganas de saber que pasa con ese neno que parece xurdir da nada e o aviador, haberá que seguir lendo O principiño e enterarse.
Boa lectura e recordade que ler fainos crecer!!
Elena sostendo o debuxo nº1 do aviador

O debuxo nº2 do aviador

Cristina explicando onde está China

Claudia "sorrindo"

David era o principiño
 


A boa comendo á besta
Joaquín deixando claro que o debuxo era un sombreiro

lunes, 15 de abril de 2013

Museo de Historia Natural de Ferrol

  O 22 de marzo as clases de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria foron en tren ao Museo de Historia Natural de Ferrol.
  Aínda que o tempo non acompañaba armámonos de valor e saímos a pé hacia a estación de Xuvia para coller o tren que nos achegaría a Ferrol. Para moitos de nós o desprazamento xa foi unha novidade pois xamáis viaxáramos en tren.
 En menos que canta un galo xa chegáramos a Ferrol e fumos pasiño a pasiño pola Avenida do Rei ata a praza de Canido onde se atopa o Museo.
 Alí o guía do museo recibiunos e explicounos todo, todiño, todo o que alí se atopaba. Vimos esqueletos de cetáceos como a balea franca, fósiles, un calamar xigante de 8 m, peles de animais, unha pitón (non viva, por suposto) ... e cacas de animais!
 Aínda que nos chamou moito a atención logo puidemos saber que serven para coñecer mellor aos animais: que comen, se están sans, por onde viven...
 Gustounos moito pero como xa tiñamos moita fame despedímonos do noso guía e fomos tomar a parva a praza de España. Recargadas as forzas volvimos para o cole satisfeitos da nosa viaxe e cun montón de experiencias para contar na casa.
 Xa sabedes, se queredes volver a entrada é de balde e está aberto de luns a venres, esperamos que vos guste tanto coma a nós!

Os nenos e nenas de 1º EP

Os nenos e nenas de 2º EP
Os nenos e nenas de 3º EP












domingo, 14 de abril de 2013

Libros dixitais de 2º de EP

 No lateral do blog hai un listaxe de páxinas interesantes que podedes visitar, están recollidas baixo o título "Pódeche interesar". Agora ademáis están as páxinas que nos enlazan cos libros que usamos na pantalla dixital, por agora só estan os de 2º pero en pouquiño tempo haberá máis.
 Os alumnos de 2º poden repasar os contidos que vimos na clase e reforzalos, eles xa coñecen a dinámica da páxina porque xa a temos traballado. Hai fotografías, lecturas, esquemas... non deixedes de aproveitar este recurso cos vosos fillos e fillas.
Aburiño!!

miércoles, 10 de abril de 2013

SHHHHH! ESTAMOS A VER UNHA PELI!

 Os pícaros e pícaras de E. Infantil despediron o 2º trimestre vendo unha peli na pantalla dixital e comendo flocos de millo. Pasárono moi ben e foi unha maneira diferente de "ir ao cine".

martes, 9 de abril de 2013

O fantasma de Canterville II

 Logo de presentar O fantasma de Canterville ao resto dos alumnos os nenos de 4 e 5 anos foron,  xunto coa profe Charo, a aportar este libro á bilioteca do centro. Seguiron todos os pasos: puxéronlle a etiqueta onde se apuntará cando se devolve se se leva emprestado, o cuño do centro e clasíficarono nos andeis da biblioteca.
 Moitas grazas nenos e nenas, estamos desexando lelo!


domingo, 7 de abril de 2013

O fantasma de Canterville. Dinamización da bilioteca.

 Os nenos e nenas de 4 e 5 anos de Educación Infantil visitaron algunhas clases do cole para falarnos do libro de Oscar Wilde O fantasma de Canterville.
Sabemos que a historia transcorre nun castelo inglés encantado, que ten como protagonistas un fantasma e unha familia americana que non cree nesas cousas. Que ocorrerá?
Os pequenos fixérono xenial e quedamos moi intrigados porque o final non nolo contaron, así que haberá que ir co noso carné á biblioteca e coller en préstamo o libro para saber como acaba.