domingo, 22 de diciembre de 2013

Feliz Nadal !!

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO deséxanvos feliz Nadal!
Xa están aquí as esperadas vacacións de Nadal. No cole rematamos o trimestre por todo o alto cun festival moi divertido y cheo de emocións. Papa Noël estivo con nós  e xa sabe que fumos bos, así que non hai de que preocuparse.
Pasade unha Noiteboa xenial en compaña da vosa familia!!

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria desexanlles unhas felices festas
 a toda a comunidade educativa do cole.

jueves, 19 de diciembre de 2013

A creación

 O grupo de relixión de 1º ciclo de EP estudiamos nestre trimestre a creación do universo según explica o Xénesis.
Dímoslle a cada día un número e debuxamos como pensamos que foi. Quedounos bastante ben!


1. Deus creo a noite e o día. 2. Deus creou o ceo e o mar.
3. Deus creou as plantas.

4. Deus creou a lúa, o sol e as estrelas. 5. Deus creou as aves e os peixes.

6. Deus creou aos animais e ao home. 7. Deus descansou.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Educación Física on-line

 A profesora de Educación Física Eva puxo en marcha unha páxina sobre o deporte na escola moi interesante. Baixo o lema "Aprendemos xogando" irá recollendo aquelas actividades que teñan que ver con esta área e que leven a cabo alumnado do cole.
Botádelle unha ollada!
Aprendemos xogando (pinchade aquí)

Engadimos a páxina a lista de Pódenche interesar do lateral do blog para que a visitedes sempre que queirades.

martes, 17 de diciembre de 2013

Contamos contigo

  Xa van uns cantos Nadais que desde o cole poñemos en marcha unha campaña solidaria co fin de recoller alimentos non perecedeiros para entregarlle a Cáritas Narón e así axudar a aqueles veciños que máis o necesitan.
  Este ano ademáis implicámonos un pouquiño máis recollendo xoguetes, papel de regalo e pilas para que todos os nenos e nenas da comarca podan ter o seu agasallo o día 25.
   A recollida esta a ser un éxito  pero queríamos lembrarvos que hai de tempo ata o día 20 para entregar todo o xuntado.
   Ademáis na entrada do cole está o buzón do reno Rodolfo esperando as vosas cartas, xa sabedes que tódolos anos Papa Noël fai unha visitiña aos pequechos do cole e ese día recollera os vosos desexos.
   Esperámosvos no festival de Nadal queridas familias!!

domingo, 1 de diciembre de 2013

O Samaín

Xa case chega o Nadal ao noso cole e aínda non publicáramos as fotos da nosa festa do Samaín. Ese día tan especial no que o cole envólvese dunha atmósfera meiga con bruxas, demos e mortos vivintes.
Na mesma festa incluímos o magosto cunha degustación de castañas e leite.

  Houbo talleres de pintura de unllas e de maquillaxe da man das nenas da ESO, xogos no patio, música e o que non podía faltar e que se está a converter nunha tradición: o túnel do terror!
 
 También fixemos como tódolos anos o concurso de cabazas sendo gañadores 2º de Primaria e 2º da ESO. Parabéns artistas!

Temos que agradecerlles a ANPA que sempre colaboran con nós e traballan para que todo saia así de ben.
 Pasámolo de medo!!
As profes Sandra, María, Bettina e Laura.

A clase de 1º de EP


















Taller de maquillaxe



Castañas e leite!


Esperando para entrar no túnel do terror

martes, 26 de noviembre de 2013

Límites e normas.

Temos unha nova entrada na pestana de escola de pais: Os límites e as normas.
 Botádelle unha ollada, está ao final da páxina. Esperamos que vos axude na difícil tarefa de educar. Bo día!!

domingo, 10 de noviembre de 2013

A árbore da lectura.

No curso pasado os alumnos que agora están en 4º EP fixeron unha árbore de lectura. Por cada libro que lían pegaban unha folla e cada cinco follas poñían unha flor.
Cando o lector ou lectora chegaba a 10 libros lidos podía recomendarlles un aos seus compañeiros. Ademáis recolleron as fichas nun "Diario de lectura". Comezaron na primavera do curso pasado e mirade con cantas flores acabou!. Iso demostra que foron uns moi bos lectores e lectoras.
Non olvidedes que o que moito le moito sabe!



Co diario de lectura

lunes, 4 de noviembre de 2013

Volvemos!!

 Xa fai case dous meses que retomámolo curso escolar pero a verdade é que tiñamos un pouco esquecido este blog que nos serve para conectar o cole coas familias.
Moitas cousas levan pasado desde o comezo do curso, iremos recordándoas con vós e contándovos todo aquilo que teña como protagonistas aos vosos fillos e fillas.
Grazas por continuar con nós este camiño!

lunes, 22 de julio de 2013

Fin de curso 2013

 Tal vez pensabades que xa nos esquecéramos de publicar a festa de fin de curso pero como di o saber popular, máis vale tarde que nunca.
Xa vai alá un mes que rematou o curso pero de seguro que todos tedes moi fresquiño o recordo da súa festa.
Abrimos o festival coa representación a cargo dos alumnos de Teatro da obra "El chico guapo y su radiocasete", despois foi a hora da entrega de diplomas por fin de ciclo dos alumnos de 2º, 4º e 6º. Algunhas alumnas de 4º da ES0 quixeron aproveitar este momento para despedirse do centro e da grande familia que o forma.
Despois foi o turno de que os máis pequenos recibiran os seus diplomas e os alumnos de 5 anos se graduasen en Educación Infantil.
A ANPA tíñalle reservada unha sorpresa á profesora Juana, que este ano se xubila, e no escenario recibiu eloxios e unha cesta de plantas e unha placa como agasallos. Tamén as rapazas da ESO quixeran antes rendirlle un sentido homenaxe.
A "teacher" recibiu todo o noso cariño e admiración por unha vida adicada a ensinanza.
Xa no patio a ANPA esperaba aos nenas e nenas para abrir a festa cunhas actuacións moi divertidas. Despois xa todos puidemos gozar das atraccións: O castelo de Aladín, o toro mecánico, a pista do cohete e os Karts.
Foi unha festa moi divertida que non queríamos que rematase. Pero o curso xa acabou e agora toca recargar pilas para comezar unha nova aventura en setembro.
Meus amigos e amigas, a desfrutar do verán!!