lunes, 6 de noviembre de 2017

Os sustantivos

Para poder traballar os sustantivos desde a casa dunha maneira máis cómoda déixovos un enlace onde atoparedes teoría e práctica. Tedes que escribir o número 13 no rectángulo branco superior, onde pon "ir a página" e darlle a frecha e xa podedes repasar!
Sustantivo


Ciencias Naturais. 5º EP. O sistema nervioso.

 Déixovos por aquí un par de videos interesantes sobre o sistema nervioso e un enlace a un atlas do corpo humano moi chulo. Espero que vos sirva de axuda.



                                                                 Os neurotransmisores


O sistema nervioso


funciones del curpo humano


lunes, 9 de octubre de 2017

miércoles, 15 de febrero de 2017

O tempo e o clima

 Ola meus nenos e nenas de 2º de primaria!
 Como xa falamos na clase no tema de sociais tócanos estudar o tempo e o clima. Aquí vos deixo o video para que repasedes na casa.
Un biquiño moi grande.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Xogos para primaria e infantil.

 Se queredes que os nenos repasen na casa dunha maneira divertida e sen protestar, que mellor maneira que deixalos xogar un pouquiño no ordenador ou na tablet?
 Nesta páxina atoparedes un montón de xogos divertidos para repasar os contidos das clases : matemáticas, lingua, ciencias e inglés.
 Hai de todo, botádelle un ollo porque parece unha boa axuda.
Xogos para primaria e infantil.

Resultado de imagen de dibujo niño y tablet

lunes, 17 de octubre de 2016

Leo con Alex

     Buceando por internet atopamos este xogo on-line para os pequenos da casa que están empezando a ler.
     De seguro que será do agrado dos vosos fillos e fillas e repasarán do máis motivados.
 
Leo con Alex

Resultado de imagen de leo con alex

miércoles, 9 de marzo de 2016

TDAH

  Xa facía bastante tempo que non utilizábamos esta ferramenta para comunicarnos con vós e é que ao empezar a usar Facebook vimos que chegábamos a máis familias e era unha información máis inmediata.
Pero é unha pena non usar o que xa temos así que voltamos por estos lares para contarvos algunhas cousiñas novas. Seguiremos a usar o Facebook para as fotos do noso día a día e para os avisos oportunos.
O título da entrada ven dado porque o profesorado do centro asistimos durante 3 días a unhas xornadas sobre o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade) impartidas pola asociación ANHIDA da Coruña. Sen entrar en polémicas sobre se é un trastorno ou non, a realidade é que no día a día atopámonos con alumnado que ten dificultades nalgún aspecto da rutina escolar e o coñecemento é a mellor ferramenta para axudalos a superar esas dificultades.

Como pais temos a obriga de coñecer que lles ocorre aos nosos fillos e fillas e axudalos a ser unhas persoas plenas e felices, sen etiquetas nin modas. Se sospeitades que o voso fillo ou filla pode ter este trastorno o primeiro é levalo a un profesional especializado, se non estades totalmente conformes pedide unha segunda opinión que reflexe a realidade do voso neno, pois o TDAH non é só falta de concentración.
Deixámosvos un carteliño que tal vez vos axude a enender mellor que é isto do TDAH.